11 de ago. de 2016

A GUARDA

O PP DA GUARDA CELEBRA A VISITA DO PRESIDENTE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, amosa súa satisfacción pola visita a Guarda do Presidente Feijóo

Alberto Nuñez Feijóo conversando cos veciños no "Parlamento", como lle chaman os veteranos pescadores guardeses a ese lugar da Ribeira de A Guarda
Fotos: G.M.P.P.

Infogauda / A Guarda

 Alberto Nuñez Feijóo visitou por sorpresa A Guarda. Na tarde do pasado martes, o presidente da Xunta de Galicia estivo paseando polo porto guardés. Foi - segundo afirmou Conchi Ortega, voceira do Partido Popular na Guarda - unha visita sorpresa na que visitou o “Parlamento" e o “Quirófano”. Os veciños falaron das súas cousas co presidente con espontaneidade e dando grandes mostras de cariño, como é habitual. Feijóo amosou unha vez máis a súa cercanía con A Guarda, vila da que garda moi bos recordos e na que ten moi bos amigos

Núñez Feijóo, sentado a carón dos veciños, xunto a Lonxa guardesa

 En decraracións a este xornal dixital, Conchi Ortega dixo: No percorrido polo porto tamén lle fixeron chegar algunhas preguntas e peticións. Algúns turistas tamén se acercaron a él para amosarlle o cariño que se lle ten en outras Comunidades Autónomas.  

 Conchi Ortega engadiu que para o presidente tamén foi unha tarde  nostálxica, o recordar os seus momentos na Guarda, fai uns anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario