O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA VISITA A GUARDA
Comprobou o remate dos traballos consistentes nunha reparacion da rampla de varada das instalacions portuarias de Camposancos, nunha actuación que supuxo para a Consellería do Mar un investimento de 15.000 euros
Conchi Ortega Martínez e Juan José Durán Hermida, na plataforma de atraque do ferry, na Pasaxe (Camposancos)
Foto: G.M.P.P.
Infogauda / A Guarda
Este venres día 5 de agosto, estivo na Guarda, o Presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán Hermida. Durante súa visita comprobou o remate dos traballos consistentes nunha reparacion da rampla de varada das instalacions portuarias de Camposancos, nunha actuación que supuxo para a Consellería do Mar, da Xunta de Galicia, un investimento de 15.000 euros. Segundo afirmou Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular no Concello de A Guarda "esta actuación fora solicitada pola propia Confraría de Pescadores de A Guarda nunha anterior visita do Presidente, debido ás dificultades para traballar nesa instalación ca marea baixa".
Conchi Ortega Martínez aproveitou para falar con Juan José Durán Hermida sobre "varios asuntos relacionados coas instalacions de Portos de Galicia na Guarda", e pensa que "en breve Portos anunciará algunha actuación mais" pola receptividade que comprobou no Presidente de Portos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario