A GUARDA DA A BENVIDA AO MES DE SETEMBRO, COAS FESTAS DA GUÍA E O CICLO “CAMPOSANCOS DE CINE”
Nunha fin de semana con variedade de eventos culturais, deportivos e festivos
Nunha fin de semana con variedade de eventos culturais, deportivos e festivos
Infogauda / A Guarda
Esta primeira fin de semana do mes de setembro ven marcada, na Guarda, pola celebración das Festas da Guía no barrio de Ribadavila. Esta festa organizada pola Comisión de Festas Virxe da Guía traerá ao pobo, dende o xoves día 1 de setembro ata o domingo día 4, diversas actividades culturais, deportivas e de lecer.
O xoves, día 1 de setembro, na Praza Avelino Vicente a partir das 20:00 horas, celébrase unha xornada adicada á xuventude. Neste evento os máis cativos quedarán cautivados pola maxia da actuación do Mago Marco. Pero ademais haberá moita música, coa Banda Xuvenil de Mougás, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e o concerto do grupo Pretty Shirts.
O venres día 2, pola noitiña, ofrecerá un concerto o grupo Batemento, que irá seguido polas actuacións das orquestras Los Estelares, Ícaro e Santos Morcegos.
Ó día seguinte, o sábado 3 de setembro, da comezo o primeiro Ciclo de Cine “Camposancos de Cine”. Este acollerá a estrea de 3 películas feitas por directores, actores e veciños do pobo relacionados co mundo audiovisual en tres datas ao longo do mes de setembro. A primeira será a proxección o día 3, ó aire libre na Praza de San Amaro ás 21:30 horas, da curta "Lurna", de Nani Matos.
Tamén o sábado ás 16:00 horas, na rúa As Pozas (A Gándara), terá lugar o VIII Torneo de Cachiza.
E nas Festas da Guía a noite do sábado estará amenizada polo concerto de Mayor Tom. Despois tomarán o relevo, para completar a velada, a orquestra Los Duendes e Dumore & Christian.
No derradeiro día da fin de semana e das Festas da Guía, o domingo día 4, ás 11:00 horas, no santuario de Ribadavila, celebrarase a misa, seguida da procesión, co Grupo de Gaitas da 3ª Idade e Refaixos e Polainas.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, terán lugar as tradicionais poxas.
E como colofón, á medianoite, no Porto da Guarda, haberá unha gran tirada de fogos de artificio e un espectáculo de Flyboard.
E como colofón, á medianoite, no Porto da Guarda, haberá unha gran tirada de fogos de artificio e un espectáculo de Flyboard.
Invítase a todos os veciños e turistas a desfrutar da Guarda, da súa variada axenda cultural e dunha das súas festas nesta primeira fin de semana do mes de setembro.






Ningún comentario:
Publicar un comentario