O FUNCIONAMENTO E HORARIO DO FERRY ESTÁ CONDICIONADO Á MAREA ALTA
A GUARDA E CAMINHA NECESITAN UN PASO PERMANENTE

Infogauda / A Guarda
Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, comunican que "a falta de calado debido ás mareas baixas provoca que o ferry non poida navegar. Por esta razón, algunhas viaxes teñen que ser canceladas.
Cada semana confírmanse as saídas garantidas segundo a previsión das mareas. Os horarios deben ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
Durante esta semana, dende o día 2 ao domingo 7 de agosto os horarios serán os seguintes:
O horarios son definitivos excepto aquelas saídas con asterisco (*) que non están aseguradas. Ata o mesmo día o patrón do ferry non sabe se terá o suficiente calado. Para asegurarse, cómpre chamar ó número de télefono antes citado".
A GUARDA E CAMINHA NECESITAN UN PASO PERMANENTE
Conscentes da positiva repercusión económica, tanto para o Alto Minho portugués como para o Baixo Miño e Val Miñor, que supón o funcionamento do ferry "Santa Rita de Cássia", que úne ás localidades de Caminha e de A Guarda, e vendo como por diversos condicionantes, ese servizo non sempre está operativo, con os quebrantos que iso conleva tanto o sector industrial e comercial, como para os usuarios particulares; desde este xornal dixital coidamos necesario que tanto á Cámara Municipal de Caminha como o Concello de A Guarda, deben dar os pasos necesarios para crear unha sinerxia no senso de xunguir vontades e reivindicar os respectivos gobernos de Lisboa, Madrid e de Galicia, un paso permanente que permita unha total mobilidade entre o Norte de Portugal e o Sur de Galicia.
Desde Infogauda coidamos que o movemento de pasaxeiros do ferry boat, a pesares das eivas que ás veces condicionan seu normal funcionamento, son razóns moi poderosas para que os munícipes de Caminha e de A Guarda, e por extensión dos demais concellos miñotos de Portugal e de Galicia, e mesmo das diferentes entidades asociativas do Alto Minho e do Baixo Miño e Val Miñor, fagan sentir de xeito unánime e craro, que os gobernos deben atender debidamente esa lexítima aspiración da cidadanía. Non facelo, significa conformismo e iso non é para que o foron elexidos os representantes públicos, senón para facer súas ás demandas da cidadanía e traballar pola consecución de retos que contribúan o desenvolvemento económico das comunidades ás que representan.

Infogauda
Ningún comentario:
Publicar un comentario