JOAQUÍN CADILLA CASTRO, DE A GUARDA, GAÑADOR DO XXX CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE
O acto da entrega de premios terá lugar o martes día 9 de agosto ás 21:30 horas no salón de actos do Centro Cultural da Guarda
Monumento o poeta Feliciano Rolán Vicente, obra do escultor Magín Xulio Picallo Durán
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Julia Sobrino González e María Soledad Diz Amil, presidenta e secretaria, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa, veñen de facer público que o día 26 de xullo tivo lugar a reunión do Xurado Cualificador do XXX Certame de Poesía Feliciano Rolán no local da Agrupación Cultural Guardesa.
Formaron parte do xurado Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica; Florentina Andrés Álvarez, profesora e doutora en Ciencias Políticas; Chuny Vázquez Vicente, poetisa e pintora; María Carmen Álvarez González, mestra de Educación Primaria; María Soledad Diz Amil, licenciada en Xeografía e Historia e bibliotecaria do Concello da Guarda.
O xurado acordou premiar aos seguintes poetas:
1º Premio: Joaquín Cadilla Castro, da Guarda, polo poema “O patio”.
2º Premio: José Repiso Moyano, de Málaga, polo poema “Arrodillamiento no disponible”.
3º Premio: Alberto de Frutos Dávalos, de Madrid, polo poema “Volver”.
Accésit: Jonatán Rodríguez Cabaleiro, de Ponferrada, polo poema “Ser espido”.
O acto da entrega de premios terá lugar o martes día 9 de agosto ás 21:30 horas no salón de actos do Centro Cultural da Guarda. Ao final do acto os asistentes recibirán un libriño cos poemas premiados.
Neste evento poético actuará o Grupo de Clarinetes KLASON, da Agrupación Musical do Rosal e A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario