1 de ago. de 2016

A GUARDA

TRAS UN MES CHEO DE ACTIDADES EDUCATIVAS E DE LECER   

REMATOU CON ÉXITO O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN DA GUARDA 



Os participantes no Campamento Urbán de Verán seguendo ás indicacións das monitoras
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Co final do mes de xullo, tamén chegou ó seu remate o Campamento urbano de verán que se viu celebrando durante as mañás de todo o mes na Guarda.  

 Neste mes os cativos que participaron no Campamento puideron participar en diferentes actividades e aprender algunhas habilidades, como o baile. Tras varias xornadas de ensaio quixeron representar para os seus familiares, presentes na clausura do Campamento o pasado venres día 29 de xullo á que tamén asistiu a Concelleira de Xuventude Elena Baz Rodríguez, un baile grupal no que se mesturaban diversas pezas musicais coas que ían danzando. 


Os monitores e nenas/os participantes no Campamento Urbán de verán, bailando no patio do antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde

 "Con esta iniciativa dende o Concello da Guarda buscouse - como afirmou Elena Baz Rodríguez - ofrecer unha alternativa lúdica e educativa aos rapaces e rapazas no tempo libre do verán e axudar aos pais e nais a conciliar vida familiar e laboral. Estes obxectivos parecen acadados, dado que moitos rapaces e rapazas quedaron con ganas de máis e de seguro repetirán o vindeiro ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario