ACTO SOLIDARIO CON VENEZUELA
Martes, día 5 de xullo, ás 20:00 h., diante do MARCO
Cartaz da mobilización e unha imaxe da rolda de prensa de presentación
Iván G. Riobó / Vigo
Distintos colectivos sindicais, políticos e sociais vigueses, entre eles a CIG, convocan para este martes día 5 de xullo, un acto solidario coa República Bolivariana de Venezuela. A concentración, que se celebra baixo o lema "Venezuela respéctase", terá lugar diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) ás 20.00 horas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario