O CLUB DEPORTIVO ANDATUI REGODAPEDRA ORGANIZA A II RUTA HISTÓRICA DE TUI
Club Deportivo Andatui Regodapedra
O día 6 de Agosto ás 10:00, con saída do Palco da Corredoira, daremos un paseo polos arrabaldes de Tui da Idade Media.
Ensinaremos as entradas que existían para acceder á cidade, explicadas por un historiador e coa música dun grupo da terra.
Ó remate, na praza de San Fernando, teremos unha queimada oficiada por un dos mellores mestres do espectáculo. Para os rapaces teremos chocolate con rosca.
Pasa unha noite diferente coñecendo a historia de Tui, cun aquelarre para invocar ás meigas coa queimada.
Prezo: 5€ e 3 os menores de 12 anos.
Data límite de inscrición: 3 de agosto.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!! Inscricións aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario