LUCILA PASCUA E SALVA ARCO, DÚAS FIGURAS DO BASKET ESPAÑOL, VISITARÁN O CAMPUS JOE ARLAUCKAS-TUI
Lucila Pascua
Informa: Campus Joe Arlauckas-Tui
O vindeiro xoves día 7 de xullo o Campus Joe Arlauckas-Tui 2016 recibirá a visita dunha xogadora e un xogador de auténtico luxo.
Directamente desde Barcelona recibiremos a visita de Lucila Pascua, xogadora do equipo zaragozano MANN-FILTER e cun historial impresionante xa que disputou coa Selección Absoluta de España catro Mundiais, dous Xogos Olímpicos e seis Europeos e tamén estará presente coa Selección nos próximos Xogos de Río 2016.
Salva Arco
Será tamén o xoves cando recibamos no Campus a Salva Arco, xogador ACB do Iberostar Tenerife e que ano tras ano ten a amabilidade de acercarse ata Tui para visitar e contar as súas experiencias ós xogadores participantes no Campus.


Ningún comentario:
Publicar un comentario