CULTURA
SAX/UTOPÍA ANTIQUA II: UNHA VIAXE MUSICAL A TRAVÉS DO TEMPO
Actuación dos compoñentes da Aula e seccións de Saxofóns da Agrupación Musical do Rosal, con Javier Comesaña Davila e a dirección de José Javier Bascoy
Sábado 23 de xullo, ás 21:00 h., na Igrexa Parroquial de Santa Mariña
Agrupación Musical do Rosal
O sábado día 23 de xullo, ás 21:00 horas, na Igrexa de Santa Mariña do Rosal actuación dos alumnos de Saxo da nosa Escola de Música.
Esta idea xorde por mor da inquietude persoal do mestre Javier Comesaña Davila, de facer música antiga, como entre deixa ver o título desta "performance", un utopía, un soño, unha viaxe a través do tempo. Nesta viaxe a pretensión é mesturar novas técnicas e o saxofón ca música antiga, así como facer que o público goce dunha experiencia diferente e que se deixe levar polo entorno e a música. Escolleuse facer na Igrexa Parroquial de Santa Mariña pola súa acústica. Así mesmo, contamos cos alumnos de saxofón da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, co fin de que vivan unha experiencia real de formar parte activa dun concerto dende un principio ata o fin.
As obras a interpretar están enmarcadas en diferentes periodos da historia da música, nas cales encontraremos música do Medievo, do Renacemento e do Barroco.
Cabe sinalar que entre peza e peza haberá uns pequenos interludios de música electroacústica orixinal con base a pezas do Medievo e Renacemento, os cales servirán de banda sonora para cambiar de localización na escena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario