App coa axenda cultural da Guarda e arredores
Xabi Crespo / A Guarda
É unha aplicación gratuíta e de código aberto, polo que calquera persoa pode axudar a mellorala e este ano estou buscando colaboradores para facelo. Adxúntovos un pequeno texto coa idea que me gustaría difundir: A aplicación das Festas do Monte para Android volve a actualizarse, por cuarto ano consecutivo, para dar a coñecer axenda cultural da Guarda e arredores para este verán con máis de 50 actividades para disfrutar na vila. É posible descargala no seguinte enlace http://ir.gl/fdm ou entrando en Google Play e buscando 'Festas do Monte'.
Se alguen coñece unha actividade que non este incluida ou ten algunha suxerencia para mellorar a aplicación pode enviar a información a contact@crespum.eu. Da mesma maneira, se hai algunha persoa interesada en contribuir mellorando a aplicación ou en aprender programación Android, pode enviar un correo ao mesmo email.


Ningún comentario:
Publicar un comentario