ATLETISMO
AKKA ESSAADAUI VENCEDOR ABSOLUTO DA III EDICIÓN DO 10K "FEIRA DO VIÑO", DO ROSAL
A guardesa Ariana González Verde, foi gañadora en féminas
Akka Essaadaui e Ariana González Verde - no centro da imaxe - vencedores da III edición da 10K Feira do Viño - O Rosal
Infogauda / O Rosal
Con unha temperatura que desde o mesmo intre da saída xa superaba os 26 graos, ás 11:00 da mañá do domingo día 17 de xullo, tivo lugar na Praza do Calvario, á saída da III Edición dos 10K "Feira do Viño", do Rosal, que sería completada por 206 corredores de ambos sexos, dos cales 179 eran homes e 27 mulleres.
O vencedor absoluto foi Akka Essaadaui, da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que completou a distancia de 10.000 metros, con un crono de 00:33:59.
En segunda posición chegou Iván Roade Lago, do Club Deportivo San Paio, con un tempo de 00:34:16.
En terceiro lugar, entrou en liña de meta Daniel Bargiela Araújo, do Club Bikila, con un rexistro de 00:35:02.
En féminas, a vencedora foi Ariana González Verde, do club Sociedade Atlética do Trega, que chegou no posto 27º da clasificación xeral, con un crono de 00:40:54.
A segunda clasificada en féminas foi Tina Marie Fernández Barreiros, do Urban Runners Club Santiago, que acadou o posto 40º da xeral, e un tempo de 00:42:59.
A terceira clasificada foi Pilar Cadilla Pena, do club Sociedade Atética do Trega, que entrou en liña de meta no posto 76º da clasificación xeral, con un tempo de 00:47:08.

Ningún comentario:
Publicar un comentario