CONVOCADO PLENO ORDINARIO DA XUNTA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Será o venres día 15 de xullo, ás 20:00 horas
Infogauda / Camposancos
Por orde do presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez; o secretario da mesma, Fernando Coello Vicente, ven de facer pública á convocatoria da sesión ordinaria da Xunta Veciñal de Camposancos, para o venres día 15 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos.
Os puntos que figuran na orde do día son os seguintes:
1º.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2º.- Dar conta dos decretos dende o pleno anterior ata o 15 de xullo de 2016.
3º.- Liquidación do orzamento de 2015.
4º.- Aprobación orzamento de 2016.
5º.- Dar conta da situación do campo de fútbol Codesal.
6º.- Información de Presidencia.
7º.- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario