13 de xul. de 2016

A PASAXE (CAMPOSANCOS)

NOVA ENTREGA DO CICLO “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN”    

Será este xoves, día 14 de xullo, ás 20:00 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas  en Camposancos

No centro da imaxe, o ponente dunha entrega anterior, xunto o alcalde de A Guarda e o coordinador de “Diálogos en Educación”, e algúns asistentes 
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

 O terceiro faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase este xoves, día 14 de xullo, ás 20:00 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas  en Camposancos.   

 Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña tráenos, nesta ocasión, ao profesor Miguel Somoza Rodríguez, do Departamento de Historia de la Educación y Educación Comparada da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), e con él poderemos conversar sobre “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”.  

Ponente, alcalde de A Guarda, coordinador do ciclo de faladoiros, e público asistente, no patio do antigo colexio do Xesuítas, da Pasaxe (Camposancos)

 Miguel Somoza actualmente é o Director dese Departamento, anteriormente foi,  profesor das Universidades de Buenos Aires e Nacional de Luján (Arxentina), da cal  segue a ser profesor “Ad Honorem”. É, ademais, Subdirector do Centro de Investigación MANES (Manuales Escolares) da UNED, e Investigador Asociado do proxecto HISTELEA (Historia de la enseñanza de la lectura y la escritura en Argentina, Universidad Nacional de Luján, Arxentina). As súas principais liñas de investigación son a Historia da Educación en España e en América Latina, o patrimonio histórico-educativo, os manuais escolares e os procesos de socialización política. Con esta dilatada traxectoria en torno á pedagoxía os asistentes a estas charlas atoparan unha vez máis un novo enfoque sobre as cuestións educativas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario