4 de xul. de 2016

A GUARDA

A GUARDA SERÁ UN DOS ESCENARIOS DA PRIMEIRA DOCUSERIE SOBRE O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL   

Na imaxe unha parella de camiñantes, disfroitando da paisaxe do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal

Infogauda / A Guarda

 A pesar de que é un dos Camiños a Santiago máis fermosos e espectaculares, o Camiño Portugués da Costa ou Monacal, tamén é un dos máis descoñecidos.  

 Para todos aqueles que aínda non o coñecen ou que desexan saber un pouco máis sobre a súa historia e sobre os lugares polos que transita, este martes día 5 de xullo, a Televisión de Galicia emitirá un programa adicado en exclusiva á difusión desta ruta.  

 Este programa, o primeiro docushow sobre o Camiño Portugués pola Costa, terá un formato innovador coa fin de dar a coñecer non só este Camiño senón tamén co obxectivo de promover a cultura e o turismo das vilas polas que pasa o Camiño dun xeito dinámico e atractivo.   

 Para isto, a canle pública galega realizou unha docu ficción, cun marcado tono cómico, que fará esta promoción a través dunha historia de ficción de ocio-amor entre un home e unha muller que emularán as trece etapas da ruta. Durante eses trece programas percorrerán as vilas que separan Porto e Santiago, cunha parada moi especial na Guarda, a primeira vila do Camiño en terras galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario