7 de xul. de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA A COÑECER OS GAÑADORES DO SORTEO DE AGASALLOS DE “TAPEARTE A GUARDA 2016” 

O restaurante La Pizzicata resultou gañador do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2016
   
O sorteo de agasallos da ruta gastronómica “Tapearte A Guarda 2016”, celebrouse na Casa do Concello da Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este xoves, día 7 de xullo, celebrouse na Casa do Concello da Guarda o sorteo de agasallos ao que accedían todos os que lograsen selar, polo menos, 12 das 20 tapas que formaron parte da ruta gastronómica “Tapearte A Guarda 2016”.  

 Esta iniciativa volveu un ano máis pero con novidades, como unha maior duración e a creación dun pasaporte para potenciar o concepto de ruta, que incluía os 20 establecementos adheridos. Durante 5 fins de semana, dende o 27 de maio ó 26 de xuño, os participantes puideron degustar 20 tapas diferentes a 2 € cada unha. Os que selaron as 20 tapas reciben recibiron de xeito directo un altavoz inalámbrico e un detalle elaborado pola Asociación Avelaíña. Os que selaron 12 ou máis entraron no sorteo de 5 reloxos, dúas baterías portátiles e 5 lotes de viños. Os gañadores dos premios sorteados foron:  

Reloxos: 
1- Mingos Portela 
2- Luis Edu Castro 
3- Edna Patricia Moreira 
4- Juan Carlos Ozubko 
5- Montse Pereira  

Baterías portátiles: 
1- Melita Dorna 
2- Beatriz Estévez  

Lote de viños: 
1- Lucía Lomba 
2-Jose Pérez 
3- Ada Estévez 
4- Afonso Rodríguez 
5- Jose Antonio Gil  

 Revisados os pasaportes e contabilizadas as puntuacións resultou gañador do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2016 o restaurante La Pizzicata que recibiu a puntuación máis alta. Ademais, tamén prémiase ós establecementos que recibiron un maior número de votos quedando empatados Alameda, Anabel e La Pizzicata polo que tamén recollerán o seu diploma.  

 Un ano máis esta ruta gastronómica tivo unha excelente acollida entre veciños da Guarda e da comarca, que recoñeceron a calidade e variedade das tapas propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario