30 de xul. de 2016

A GUARDA

CULTURA


UN MAR DE EMOCIONS
Exposición de fotografía e vídeo

Do 2 ao 21 de agosto, no Centro Cultural de A Guarda


Infogauda / A Guarda


 "Unha mirada ao mar non basta por descubrir os seus segredos máis íntimos. 19 autores  retratan os seus momentos á veira do mar. Eses instantes gardados en imaxes, amósanos que o mar, coma nós, está cheo de emocións. Descúbreos tí tamén". Esa é, a xeito de invitación, á proposta que nos brinda o Grupo ON, que desde o día 2 ao 21 de agosto, amosan nas salas 1 e 2, así como á sala de proxeccións do Centro Cultural de A Guarda, a exposición "Un mar de emocións", mostra de fotografía e vídeo. Nela podemos ademirar obras de autores como: María Varela, David Pérez, Carlos Cadilla, Adrián Segade, Rafael Baz, María Lomba, José Carlos Castro, Alberto Alonso, Bruno Tato, Fernando Gainzarán, María José Acevedo, Carlos Pascual, Lecio Alonso, Susi García, Ana López, Teresa Cerqueira, Pili Prendes, Amparo Pacheco, Eva García, Alfonso Hermida e Urce Martínez. 

 A exposición pódese visitar nos seguintes horarios: 
Luns á sábados: De 10:30 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
Domingos: De 19:00 a 22:00 horas.

TRAILER DE UN "MAR DE EMOCIONS"

Ningún comentario:

Publicar un comentario