30 de xul. de 2016

A GUARDA

ANÍMATE A BAILAR FUNKY NO SEGUNDO CURSO NA GUARDA DENTRO DO PROGRAMA “DEPO RÚARTE”



Infogauda / A Guarda


 O concello da Guarda acollerá este vindeiro mes de agosto e principios de setembro un curso de funky como parte do programa “Depo Rúarte” organizado dende a Deputación de Pontevedra. 

 Esta iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. O curso conta con prazas limitadas, polo que a orde para cubrir as prazas será a seguinte:  

- Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda. 

- Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade. 

- Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.  

 O prazo de realización do curso será do 29 de agosto ao 9 de setembro, de luns a venres en horario de mañá, entre as 10,30 e as 13 horas no Ximnasio Municipal. Todos os que desexen anotarse a esta actividade terán como prazo de inscrición ata o 19 de agosto no Rexistro do Concello da Guarda de 8 a 14 horas, de luns a venres.  

 Para inscribirse terán que achegar un formulario de solicitude, que poden descargar na web da Deputación de Pontevedra; unha fotocopia do DNI e o empadroamento.  

 O concello quere animarte a que aprendas a moverte ó ritmo da música funky neste soleado verán guardés, nun curso que busca que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky, coñecer o procedemento do funky e os estilos que o compoñen, adquirir coñecementos básicos sobre composición  e enfocar o funky como arte urbana e como actividade física deportiva saudable. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario