14 de xul. de 2016

A GUARDA

Nidia Arévalo e Conchi Ortega fan balance do “ano perdido” do goberno da Deputación e do Concello de A Guarda

A deputada portavoz do Grupo Popular da Deputación de Pontevedra, Nidia Arévalo - terceira pola dereita -, xunto a alcaldesa de Oia e o alcalde do Rosal; a voceira do PP en A Guarda, Conchi Ortega, e concelleiros populares de A Guarda, O Rosal e Tomiño

Infogauda / A Guarda

 A deputada provincial, Nidia Arévalo, e a voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, reuníronse onte na sede local do partido xunto cos alcaldes e voceiros da comarca para repasar e facer balance do primeiro ano do goberno bipartito na Deputación, así como o do ano de lexislatura nos concellos.  

 En canto á Deputación e no que respecta á Guarda, a voceira popular considera que foi un ano nefasto e expresou o seu malestar “porque non se fixera a obra prevista de Concepción Areal prometida fai un ano, que non se asinase acordo coas administracións para a escavación do poboado de Mergelina, en desconformes co Decálogo da Deputación para mellorar a seguridade vial, xa que é imposible de cumprir, e que ata o propio alcalde socialista recoñeceu no pleno como acudiu á Deputación con varios asuntos pendentes para as estradas da Guarda e veu de volta sen nada”.   

 Na súa intervención referiuse a unha serie de incumprimentos do goberno bipartito da Deputación e aos que lle hai que sumar os do Concello.  

 Ortega explica ademais que “como concello pequeno que somos non podemos estar contentos cunha Deputación que deriva os fondos para Vigo e Pontevedra, ou que desaparecerán as axudas de Acción Comunitaria, as axudas a agrupacións musicais ou institucions sociais como para a Fundación das Samaritanas”. 

Nidia Arévalo e Conchi Ortega fixeron cadansúa valoración, tanto do grupo de goberno da Deputación de Pontevedra como do Concello de A Guarda

 E como sabemos ademais - engadiu a voceira popular - como actúa a presidenta da institución provincial durante as sesión plenarias, tampouco podemos estar conformes coa falta de talante e cos continuos intentos de coartar á oposición, sen turnos de réplica, marcando continuamente os tempos, e coa limitación ata no número de mocións a presentar. Unhas actitudes que intentan tapar a falta de xestión do goberno de Carmela Silva”.   

 Con respecto ao Goberno local, os populares manifestaron o seu desacordo coa falla de planificación do turismo na Guarda, o mal estado e a falta de mantemento das praias, os camiños sen limpar, a falla de mantemento nas vías públicas municipais, nos parques, etc.. e as numerosas queixas que nos chegan de veciños polos escándalos nocturnos da fin de semana.  

 Conchi Ortega resumiu súa valoración coas seguintes verbas: Para nós un ano perdido no concello, a pesar da oposición construtiva do Partido Popular, coa presentación de 25 mocións que se aprobaron en moitos casos pero que non se cumpriron.   

1 comentario:

  1. Non deberian por como exemplo a asociación das samaritanas... ¿cantas persoas ten acollidas?. ¿a cantas acolleu quwe non tivesen paga?. Deberian investigala antes de darlle cartos.

    ResponderEliminar