11 de xul. de 2016

A GUARDA

ENTREGA DE AGASALLOS DO SORTEO DE “TAPEARTE A GUARDA 2016” E DOS DIPLOMAS DO CONCURSO Á MELLOR TAPA    
Manuel Alonso Lea, propietario do Restaurante La Pizzicata, recollendo o seu diploma como vencedor do concurso á Mellor Tapa, de "Tapearte A Guarda, 2016", que lle entregou a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, en presenza do alcalde, Antonio Lomba Baz
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

  Este luns, día 11 de xullo, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a entrega dos agasallos ós participantes da ruta “Tapearte A Guarda 2016” gañadores do sorteo celebrado o pasado xoves entre todos os que  lograron selar, polo menos, 12 das 20 tapas que formaron parte da ruta gastronómica.


Alcalde e concelleira con algúns dos premiados en "Tapearte A Guarda, 2016"



 Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa. Ademais tamén deron suxestións para mellorar, aínda máis, esta ruta en vindeiras edicións.  

 Os premiados no sorteo foron:  

Reloxos: 

1- Mingos Portela 
2- Luis Edu Castro 
3- Edna Patricia Moreira 
4- Juan Carlos Ozubko 
5- Montse Pereira
  
Baterías portátiles: 

1- Melita Dorna 
2- Beatriz Estévez  

Lote de viños: 

1- Lucía Lomba 
2-Jose Pérez 
3- Ada Estévez 
4- Afonso Rodríguez 
5- Jose Antonio Gil  

 Despois de dar os agasallos do sorteo procedeuse á entrega do diploma ó vencedor do concurso á Mellor Tapa, que recibiu a votación máis alta dada polos participantes, que foi para o restaurante La Pizzicata. 

 Tamén recibiron cadanseu diploma os establecementos con maior número de votos, quedando empatados Alameda, Anabel e La Pizzicata.  

 Dáse así por concluída unha nova edición da ruta gastronómica “Tapearte A Guarda”, que cada ano vai ampliando a súa duración, a calidade das tapas e, sobre todo, a xente que se achega para probar as marabillas da cociña guardesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario