O PARTIDO POPULAR DENUNCIA A ELIMINACIÓN DE AXUDAS A CENTROS BENÉFICOS E ASISTENCIAIS DA PROVINCIA
• A voceira do grupo provincial Nidia Arévalo visitou a Fundación Samaritanas na Gándara (A Guarda), que acolle e asiste a persoas sen recursos e sen fogar.
• Os populares denuncian que a Deputación eliminoulle unha axuda de 5.000€, coa que se atendían cuestións tan básicas como a adquisición de alimentos.
A directora da Fundación, María del Carmen Colmenero - a esquerda da imaxe - comentou coa representación do Partido Popular a situación da Fundación As Samaritanas
Foto: G.P.P.
Infogauda / A Guarda
A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, xunto coa voceira do partido na Guarda, Conchi Ortega, visitaron as instalacións que a Fundación Samaritanas posúen na Gándara (Salcidos), no termo municipal guardés. Alí denunciaron a eliminación de axudas que a Deputación de Pontevedra outorgaba ata o de agora a centros benéficos e asistenciais da provincia, entre os que se incluían As Samaritanas.
A directora da Fundación, María del Carmen Colmenero mostrou a súa preocupación pola viabilidade do proxecto, que na actualidade é atendido única e exclusivamente grazas á labor altruísta dos voluntarios que colaboran con eles, “se a axuda da Deputación de Pontevedra non chega, o centro non poderá manterse”, lamenta.
A casa de acollida da Fundación Samaritanas tivo como proxecto principal dar continuidade ao cumprimento do seu obxetivo fundamental, que é acoller a mulleres en situación de desamparo. Para elo, ademais de ofrecerlle acollida e manutención, desenvolven multitude de actividades de aprendizaxe cun obxetivo de reinserción social.
A casa de acollida funciona as 24 horas os 365 días do ano, e recibiu as últimas axudas da entidade provincial coincidindo cos goberno do Partido Popular, por importe de 10.655 euros para gastos de funcionamento e 6.000 euros para obras de mellora das instalacións da casa de acollida. “Esta fundación está e estaralle moi agradecida a Rafael Louzán por todo o que fixo por esta entidade”, manifesta a directora do centro.
Despois de visitar as instalacións e coñecer a súa labor, Nidia Arévalo mostrouse moi preocupada pola situación da viabilidade do centro. “Non logramos entender que a Deputación dea a espalda á Fundación Samaritanas e á labor social que aquí se fai coas mulleres desfavorecidas”, critica a voceira dos populares na Deputación.
O PP solicítalle á presidenta da institución provincial, Carmela Silva, que actúe para que as axudas a entidades como a Fundación Samaritanas se volvan a conceder nos termos que se viña facendo cos gobernos do PP. “Nestes momentos axudas que se concedían a un centenar de entidades de acollida, asilos, centros de discapacitados, etc. foron eliminadas”, lamenta Nidia Arévalo, que recorda o voto en contra do grupo de goberno provincial, ante mocións do PP solicitando axudas para entidades similares ás Samaritanas, como por exemplo, Esperanza Salnés de Cambados ou o Centro de Discapacitados de Valga.
Sobre esa entidade ,ou fundación ,ou como queiran chamarlle habería moito que falar. Toda a xenerosidade da que tanto se jacta a señora Colmenero non existe.Solo sabe pidir, pero o de dar, xa é outro cantar.
ResponderEliminar