12 de xuño de 2016

OIA

FESTIVAL COSTA DOS CASTROS 2016 

Festival Cultural de Música Folk e Patrimonio de Oia
Datas: 17, 18 e 19 de xuño 2016
Lugar: Concello de Oia. Pontevedra



Xan Lois Vila / Oia


Festival temático de Folk e Patrimonio histórico, Costa dos Castros

 O Festival Costa dos Castros nace da unión dos intereses de Costa dos Castros – proxecto de xestión do patrimonio, desenvolvemento turístico e rural no Concello de Oia – e a Asociación Minho Reggae; colectivo que conta con máis de seis anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais e deportivos, tanto en Galiza como Portugal, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno, a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano.

 Os intereses de ambas iniciativas conflúen na produción dun festival de música folk, exaltación do Patrimonio local e promoción dos atractivos do Concello.  

 Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, patrimonio histórico, ecoloxismo e sustentabilidade.  

 O eixo principal deste proxecto é , como o seu nome indica, a Cultura Castrexa, que tenta ser un nexo do patrimonio a cultura é a música e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.  

 O festival Costa dos Castros é, en definitiva, un evento sociocultural centrado na música e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, entre outros, co fin de difundir o folclore e a súa filosofía.

 Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, andainas, charlas, cantos de taberna, etc.. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

Dirección:  

 O festival Costa dos Castros é un evento xestionado pola Asociación Minho Reggae e o Proxecto Costa dos Castros, en colaboración co Concello de Oia, Acamo, Asociacions culturais da Vila, e pretende involucrar as diferentes administracions; Agadic, Patrimonio Historico, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galiza,...  

Obxectivos:  

 Os obxectivos son múltiples, tratándose dun Festival tan poliédrico no que se queren facer actividades moi diversas, para todas as idades e deslocalizadas, é dicir, con actividades cando menos nas catro parroquias da Costa dos Castros.  

·  Dinamización do galego. 
·  Crear e consolidar un Festival de música folk no contexto do Sur da provincia de Pontevedra. 
·  Valorizar a tradición oral como forma de transmisión dun coñecemento que esmorece e que debe ser recollido. 
· Dinamizar o territorio dando a coñecer o seu potencial turístico mediante visitas guiadas. 
·  Dignificar as parroquias facéndoas partícipes do Festival. 
·  Fomentar actividades para toda a familia. 
· Involucrar á comunidade local, fundamentalmente aos hostaleiros na creación de eventos culturais. 
· Promover a música e o patrimonio e as artes así como a filosofía de respecto na que se fundamenta. 
· Promocionar o Concello de Oia e o seu entorno. 
· Ampliar a oferta cultural e aportar un novo reclamo turístico para Oia e toda a zona do Baixo Miño.
· Apoiar aos colectivos locais dedicados á representación artística a darse a coñecer. 
· Fomentar a interrelación entre profesionais galegos de distintos ámbitos artísticos. 
· Proporcionar ás bandas un espazo para que amosen o seu traballo. 
· Ofrecer á poboación unha alternativa de ocio innovadora. Introducir á cidadanía no coñecemento de novas culturas a través de obradoiros feitos por artesáns e músicos galegos. 
· Fomentar o ecoloxismo e o respecto á natureza a través de charlas e obradoiros 
· Fomentar e Potenciar o Patrimonio Historico da Zona.  


Programa: 

 Nestes últimos cinco anos moitas foron as propostas musicais e culturais que ofreceu Minho Reggae para todos os asistentes, a os seus eventos. Dende actividades deportivas, obradoiros, e espectáculos de rúa, até concertos en directo e sound system. 

 Dita programación está pensada para todos os públicos e sen límite de idade tanto polos horarios, posto que as actividades comezan dende media mañá até ben entrada a madrugada.  

Concertos: 

 A música en directo é o eixo principal do festival Costa dos Castros, a asociación minho reggae, nestes últimos catro anos adoptou un equilibrio entre artistas xa consagrados e bandas noveis tanto internacionais coma nacionais, especialmente galegas. Precisamente un dos obxectivos da asociación Minho Reggae e ofrecerlle ás novas bandas que están xurdindo en Galicia a posibilidade de darse a coñecer e amosar o seu traballo.  

 Música consciente e cunha mensaxe de respecto e humildade, apta para todos os públicos e que tenta acercar á cidadanía novas expresións artísticas e culturais. 

Programación paralela: 

 Todas as actividades e obradoiros que organiza o Festival Costa dos Castros, están pensadas para que poida participar todo tipo de público, dende os máis cativos até os máis veteranos e poidan gozar en harmonía coa natureza dunhas datas festivas e de diversión ó mesmo tempo que toman conciencia da riqueza natural e cultural de Oia e do proxecto Costa dos Castros. Na programación paralela inclúense actividades artísticas, culturais e deportivas.

Actividades a realizar  

Actividades Infantís: Asemade organizaranse unha serie de actuacións pensadas para os máis pequenos. Estas estarán clasificadas por idades, puidéndose limitar os aforos ou recomendando a reserva de praza.  

Actividades de música tradicional  
Serie de concertos nocturnos: O ideal sería encadenar unha serie de tres ou catro grupos arroupados por un cabeza de cartel. Os grupos han de cumplir a premisa de ser axeitados para un espectáculo nocturno e movido. Montaranse barras para o consumo dos asistentes.  

Sesións vermú: En función das actividades paralelas tamén se fomentarán as sesións vermú coas agrupacións máis locales da zona (Fiada de Viladesuso, Tralo Mosteiro, etc.,...).

Obradoiros: Tamén se realizarán obradoiros de música tradicional. Estes poderán incluír sesións de baile tradiconal, introdución á gaita ou mesmo algunha máis teórica sobre música tradicional.  

Actividades paralelas  

Visitas guiadas: Ofreceranse dentro da programación do festival unha serie de visitas guiadas aos elementos máis destacados do Patrimonio de Costa dos Castros. Estas visitas centraranse nos castros da zona, os petróglifos e o Mosteiro de Oia, que contarán tamen con diferentes actuacións. Para evitar masificacións para estas visitas, posiblemente haberá que reservar praza.  

Obradoiros infantís: Tamén se realizarán obradoiros pensados para os máis pequenos relacionados co Patrimonio.  

Venres  19:30 
Cantos de Taberna.            
Pandareteiras Virxe do Alivio, Ventos do Valdarca, A Fiada, Roebotas, Tra-lo Mosteiro. 

21:30 Visitas nocturnas a petróglifos. En paralelo e previa reserva de praza, aos petróglifos da Cabeciña, A Pedreira, etc.,...  
22:00 Música ao vivo. 
00:00 Queimada.

Sábado 11:30 
Apertura da feira de artesanía. 
12:00-13:00 Visita guiada ao enclave arqueolóxico da Pedreira.  
13:00-14:30 Sesión Vermú co CUARTETO TRADICIONAL. 14:30 Xantar popular 
16:30-20:00 Apertura do Mosteiro de Oia. 
17:00 Charla da REDE GALEGA DE SEMENTES 
17:00-19:30 Xogos populares e obradoiro de elaboración de xoguetes tradicionais. 
19:30 Actuación FOLK XEROME. 
20:00-21:30 Actuación do CUARTETO TRADICIONAL. 
21:30- 04:00 Concertos Escenario Principal 
-ZURRUMALLA 
-LAROÁ 
-BÖJ 
-QUEMPALLOU 

04:00 FOLIADA  
17:00 Visita guiada A Cabeciña seguida de andaina “Mougás: 4.000 anos de Historia”, pequena ruta interpretativa pola parroquia de Mougás.  
18:30 Cantos de Taberna.  
21:00 Festival de Música Folk no Eirado de Oia.   

Domingo  
11:30 Feria de Artesanía. 
12:00 Visita guiada ao enclave arqueoloxico da Cabeciña. 13:15 Actuación da charanga Nova Cubana.   
13:30 Sesión Vermú no Eirado do Mosteiro (Grupo Tralo Mosteiro). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario