"SOMBRA DE LUNA" DO POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI, PREMIO ESCRIDUENDE COMO MELLOR LIBRO DE POESÍA SOCIAL 2016
Foille outorgado pola Editorial Sial Pigmalión, na clausura da Feira do Libro, de Madrid
O escritor e poeta guardés, recibindo o Premio Escriduende, otorgado a "Sombra de Luna", como mellor libro de poesía social 2016
Fotos: Loli Estévez
Fotos: Loli Estévez
Infogauda / Madrid
No día de onte, na xornada de clausura da Feira do Libro, de Madrid, e convidado pola editorial Sial Pigmalión, o escritor e poeta Francisco Álvarez - Koki, estivo asinando exemplares do seu libro "Sombra de Luna".
Francisco Álvarez- Koki na caseta que a Editorial Sial Pigmalión tivo na Feira do Libro, de Madrid
Posteriormente, o poeta guardés recibiría o premio Escriduende, otorgado pola Editorial Sial Pigmalión.
A esquerda, portada do libro "Sombra de Luna" e a dereita o premio que recibiu seu autor, Francisco Álvarez - Koki
Sial Pigmalión convoca cada ano os premios Escriduende os mellores libros editados nesa entidade editorial, e o libro "Sombra de Luna", de Francisco Álvarez - Koki foi premiado como mellor libro de poesía social 2016.
Vista parcial do público que asistiu o acto da entrega dos premios Escriduende 2016
Os premios Escriduende 2016 foron entregados na Biblioteca Euxenio Trías, dentro do recinto do Parque do Retiro, como unha actividade mais dentro da programación cultural da feira do libro da capital madrileña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario