13 de xuño de 2016

O ROSAL

ACTO PÚBLICO ABERTO DO BNG-NÓS-CANDIDATURA GALEGA NO ROSAL 

 Nós somos a candidatura do País. A garantía de que Galiza vai ter voz propia, a forza que ecoa de forma colectiva un futuro de seu. Na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións que decidiron sumar forzas en BNG-NÓS Candidatura Galega, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.  

 Desde o BNG- Nós Candidatura Galega desexamos que todas e todos  participemos neste  proxecto común que nace con vontade de medrar, co desexo de enlazar os brazos nunha cadea humana inmensa, en que as cuestións sociais e nacionais pasen a primeiro termo, no desexo dunha sociedade máis xusta e igualitaria.   

 Para iso facemos un chamamento á toda a veciñanza do Rosal a que acudan este martes 14 de xuño  ás 20:30 ao acto público aberto convocado nos baixos do concello do Rosal.

 Contaremos coas intervencións de Carlos Villanueva (concelleiro do BNG no Rosal), Marta DaCosta (candidata ao Congreso), e Ana Miranda (portavoz do BNG no Parlamento Europeo e candidata ao Congreso). 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario