Díaz Mouteira asiste á inauguración da XXVIII Exposición Filatélica da Federación Galega EXFIGALICIA 2016 no Auditorio de Ourense
Infogauda / Ourense
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe na inauguración da XXVIII Exposición filatélica da Federación Galega, EXFIGALICIA 2016, que ata o vindeiro 5 de xuño acollerá o Auditorio Municipal de Ourense.
Esta mostra, que coincide coa conmemoración do 50 aniversario da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e o 30 aniversario do protocolo de colaboración filatélica coas asociacións do Norte de Portugal, desprazará a provincia de Ourense a coleccionistas dos dous lados da fronteira.
Díaz Mouteira indicou que Exfigalicia é “unha ocasión para comprobar a colaboración existente ao redor da afección filatélica, así como en tantos outros ámbitos como o económico, empresarial, turístico ou das emerxencias”.
A delegada territorial felicitou á Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense pola organización deste evento e polo traballo desenvolto durante anos para fomentar o coleccionismo de selos, moedas e bitolas, así como outras actividades que redundan na difusión da realidade histórica, cultural e social ourensá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario