O MONTE E NÓS, UNHA MANCHEA DE ACTIVIDADES CONSERVACIONISTAS O LONGO DE TODO O MES DE XUÑO
Estarán co-organizadas polo C.S.Fuscalho, e a extraordinaria colaboración de S.O.S Groba e ó IEM (Instituto de Estudios Miñoranos)
Informa: Asociación A Jalleira / Baixo Miño
Vos presentamos o Mes da Conservación, co título, O MONTE E NÓS, actividades co-organizadas polo C.S.Fuscalho, e a extraordinaria colaboración de S.O.S Groba e ó IEM (Instituto de Estudios Miñoranos) que realizaremos no mes de xuño.
Un mes para dar a coñecer a natureza e patrimonio da nosa zona, para ama-la,respecta-la,coida-la e protexe-la. Con 5 actividades, que pretenden achegar á xente ao monte e ó monte á xente.
- O venres día 3 de Xuño, ás 20:00h,na Casa Cultural de Oia estreamos “O Monte e Nós” coa inauguración da exposición “Ceibes no monte”, mostra sobre o cabalo galego, patrimonio cultural vivo das nosas Serras.
Nesta inauguración contaremos con Santiago Veloso, director de “Ceibes no Monte”, proxecto didáctico que mostra unha das tradicións dos nosos montes.
A exposición Ceibes no Monte poderase visitar do 3 de xuño o 3 de xullo, no local A Terra do Mosteiro - Casa Cultural de Oia
Proxectaremos un pequeno documentario sobre o cabalo do monte en Galicia e para rematar, palestra a cargo de Xilberte Manso, “O Garrano”, unha posta en valor do noso patrimonio. A exposición poderá visitarse os venres de tarde; sábados mañá e tarde, e domingos pola mañá ata o vindeiro 3 de xullo.
- Sábado 4 de Xuño. Pola ría, polos montes galegos, polo biodiversidade, pola paisaxe, por un rural vivo, polo interese común e non o particular, por saúde, por solidariedade, non a sesenta anos máis e Ence-Elnosa na ría.
Móvete pola ría. Non a Eucaliptización
Máis información nas páxinas: ENCE FORA e no libro branco sobre Ence.
Manifestación contra ENCE e a Eucaliptización, sábado 4 de Xuño ás 19:30 en pontevedra. Autobús dende o Baixo Miño, saída dende A Guarda ás 16:00. PREZO 6€ - Socios da Jalleira 3€. Reserva praza no 666 371 631.
- Sábado 11 de xuño ás 22 h. Saída nocturna con Buraco, experto na arte rupestre da nosa zona, para visitar varios gravados rupestres no Rosal. Quedada ás 22 h na cruz de Portela.
- Domingo 19 de xuño ás 16 h. Saída para coñecer a flora silvestre comestible, e para elo contaremos con César Lema, recoñecido biólogo autor de libros como "Natureza e alimentos silvestres comestibles" ou "Pan de landra". Quedada no auditorio de Goián ás 16 h.
- Xoves 23 de xuño ás 20 h. No C.S.Fuscalho contaremos con Xosé Vilar, amante da historia e a cultura que nos virá a falar de "Arte rupestre en Galicia", Na que explicará o significado e a historia dos gravados rupestres de maneira moi didáctica e divertida.
Sen mais, só animar a todo o mundo a asistir a cada unha das actividades programadas.
Calquera dúbida podedes chamar ó 605 789 915 ou escribir a ajalleira@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario