VIII Carreira Popular de Amorín
Carreira pola integración. Gotas para Níxer
Será este domingo día 29 de maio, ás 11:00 horas.
Xosé Manoel Álvarez López
Asociación de Veciños de Amorín
Este vindeiro domingo día 29 de maio realizarase unha nova edición da carreira popular pola integración en Amorín, Tomiño. Coma é habitual os donativos destinaranse ó proxecto de UNICEF “Gotas para Níxer”, que contará tamén cun posto de venta de artigos da propia organización.
A carreira, na que haberá diferentes percorridos adaptados a todas as idades e categorías, precisa inscripción previa a través da web da asociación.
Ademáis, realizaranse unha andaina para o público xeral a partir das 11:00 pola beira do río Furnia de baixa dificultade (4 km.) dende a Igrexa de Amorín. Para a andaina non é precisa inscripción previa.
Animamos a todos/as a participar independentemente da súa idade e preparación física porque ademáis do aspecto lúdico, que está garantido, esta carreira ten un triple obxectivo de gran valor social:
· A colaboración voluntaria co programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve en Níger e que intenta mellorar o acceso a auga e saneamento, e reducir a desnutrición e as enfermidades infantís.
· A promoción da actividade física en todo tipo de colectivos e dende a infancia, para mellorar hábitos de vida e saúde.
· A integración de colectivos con discapacidade tanto en actividades deportivas como en eventos sociais e de ocio de todo tipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario