25 de maio de 2016

A GUARDA

O PP de Guarda esixe unha reforma na rúa do Centro de Saúde e Conservatorio que garanta a seguridade dos nenos  

Trátase de un treito moi transitado e que sofre serios problemas de seguridade vial

“A inseguridade e o estado de abandono desta rúa é evidente, polo que cremos que o Goberno local vai entender que é unha obra necesaria que se debería acometer coa máxima urxencia”.   

Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Partido Popular da Guarda


Infogauda / A Guarda

 A concelleira portavoz do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega Martínez, vén de presentar unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria na que solicita que o Goberno local reserve unha parte dos fondos da Deputación para o arranxo e mellora do firme da rúa número 3 Transversal Os Bechos, así como para a instalación de servizos de auga e saneamento, colocación de beirarrúas e melloras na iluminación da rúa. 


 Os populares da Guarda consideran fundamental que o Concello destine unha partida para a reforma desta rúa, desde o Centro de Saúde ata o Conservatorio, un treito moi transitado e que ten serios problemas de seguridade vial

 “Esta vía carece de beirarrúas e a ilumación é escasa, polo que os numerosos rapaces que a transitan teñen un serio risco de atropelo, sobre todo no inverno, cando se fai de noite moi cedo e en días de choiva a visibilidade é máis escasa”, afirma Conchi Ortega.  

 “Por outra banda - engade á portavoz popular -, esta rúa ten bastante tráfico nas horas que coinciden cos ensaios da tarde, polos que van ao campo de fútbol a adestrar e ao instituto a clases de nocturno. Ademais, debido a que case todos chegan tarde, circulan a unhas velocidades moi inapropiadas para o tipo de vía, por iso, o concello decidiu instalar uns reductores de velocidade (badéns) nas inmediacións do conservatorio”.

 Por todo isto, Conchi Ortega considera que é hora de poñer fin a esta situación. Pódese arranxar esta vía e evitar o risco que supón para a mocidade do noso concello”.  

 “A inseguridade e o estado de abandono desta rúa é evidente, polo que cremos que o Goberno local vai entender que é unha obra necesaria que se debería acometer coa máxima urxencia”, conclúe a concelleira popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario