25 de maio de 2016

A GUARDA

ÚLTIMOS DÍAS PARA DESFRUTAR DO MAIO GASTRONÓMICO DA GUARDA  


 Infogauda / A Guarda

 Neste mes de maio que está a piques de rematar, A Guarda preparouse para recibir a época estival cunha completa oferta de actividades culturais e gastronómicas encadradas na celebración, como en anos anteriores, do Maio Gastronómico e Cultural.  

 Durante todo o mes buscouse impulsar a unión entre a axenda cultural e unha campaña gastronómica que fixeran desfrutar aínda máis da vila ós guardeses e guardesas e a todos os visitantes que se achegaran nestes días. 

 Esta iniciativa chega ao seu fin coa última semana do mes que tamén é a máis destacada, pois este ano coincide nesta fin de semana a Festividade do Santísimo. Así, todos os que se acheguen á Guarda o sábado día 28 de maio para contemplar como se fan as alfombras florais ou o domingo día 29 á Procesión do Santísimo, poden aproveitar os últimos días da campaña gastronómica.   

 Grazas a esta campaña quen decida comer ou cear nun dos restaurantes adheridos recibirá un agasallo conmemorativo da nosa vila. É necesario presentar un bono que se pode conseguir na oficina de turismo, na caseta de cobro do Monte Santa Trega, no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e no Museo do Mar. Os restaurantes participantes son: Area Grande, Brisamar, Carla, Casa do Outeiro, Casa Valladeiro, Pizzicata, Marusía, Mar y Cielo, Novo Funil, O Cangrexal, Xeito. 

 Non obstante a oferta gastronómica seguirá tendo o seu espazo na vila tamén o vindeiro mes, pois este xoves ás 12h na Casa dos Alonso preséntase “Tapearte A Guarda” que durante os venres, sábados e domingos dende o 27 de Maio ata o 26 de Xuño, ofrecerá ós clientes dos establecementos adheridos tapas especiais a un prezo de 2€/tapa ademais de participar en sorteo de agasallos.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario