DEPORTES
RECEPCIÓN NO CONCELLO DA GUARDA Ó CAMPIÓN GALEGO DE CICLISMO CONTRARRELOXO INDIVIDUAL, ASER ESTÉVEZ CIVIDANES
Aser Estévez Cividanes foi recibido no Concello polo alcalde Antonio Lomba Baz e polo Concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Infogauda / A Guarda
O ciclista Aser Estévez Cividanes (A Guarda, 1988), que conseguiu o pasado 17 de maio o seu noveno título no Campionato Galego de Ciclismo Contrarreloxo Individual na categoría Élite, acudiu este luns a unha recepción na Casa Consistorial da Guarda.
Alí foi recibido polo Alcalde, Antonio Lomba Baz, e polo Concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, cos que mantivo unha distendida reunión na que lle transmitiron as súas felicitacións e recoñecemento polos recentes éxitos acadados.
Ademais, tras falar dos próximos retos, dificultades e oportunidades que se presentan no futuro do deportista guardés, fixéronlle entrega dunha figura conmemorativa do Camiño Portugués da Costa e dun libro sobre a Historia da localidade.
Pero o líder do Club Ciclista Rías Baixas non para e tras esta visita, tal e como comentou na recepción ó alcalde e ó concelleiro, ten dúas datas sinaladas no seu calendario nas próximas semanas: o Campionato Galego de Fondo en Estrada e o Campionato de España.
Dende o Concello deséxanlle a mellor das sortes nestas datas e nas que virán e que siga a acadar os maiores éxitos posibles e a levar o nome da Guarda por toda a Península.
Ningún comentario:
Publicar un comentario