A GUARDA CELEBRA O DÍA DO MERCADO COA ENTREGA DUN RECEITARIO E AGASALLOS NA PRAZA DE ABASTOS
Infogauda / A Guarda
Con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado, dende a Xunta de Galicia promóvese a campaña “Quere o teu mercado”, dentro da cal o Concello estase a volcar a través da súa Praza de Abastos Municipal.
Desde o executivo municipal do concello guardés salientan os obxectivos desta campaña: “Búscase revitalizar e impulsar a compra de produto local, fresco e de tempada nos mercados, recoñecendo a importancia destes como dinamizadores dos núcleos das vilas onde se asentan, nas que ofrecen a oportunidade de mercar produtos galegos, de calidade e variados, necesarios para una dieta saudable”.
Por este motivo na última semana de maio na Praza de Abastos xa deu comezo a Campaña co reparto de material sobre esta iniciativa e, ademais, o día 28 entregaranse a todos aqueles que se acheguen á Praza de Abastos máis agasallos como bolsas, mandís, globos, etc.
Dende o Concello da Guarda, como actividade complementaria e dinamizadora, proponse en colaboración cos praceiros e praceiras da vila que dende o venres día 27 de maio e ata o sábado día 11 de xuño, todos os que merquen na Praza recibirán dúas receitas cada fin de semana (unha o venres e outra o sábado) ata finalizar, o último día, un Receitario completo de 6 receitas elaboradas con produto local e de tempada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario