A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI CELEBROU ASAMBLEA ANUAL DE SOCIOS
Tamén foi presentada a revista “Ainda temos moito que andar”
A revista “Ainda temos moito que andar” foi presentada no mesmo día da asemblea de socios
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado 28 de maio foi celebrada a 38ª Asamblea anual de Socias/os da Asociación S. Xerome Emiliani. O acto comenzou con un agarimoso recordo para Pili, Isabeliña, Jesica, Ana de Torroña, Celso, Juan Carlos, David, Juan José, Enrique Vicente y este ano Raquel; todos eles merecedores da mais sinceira “salva de palmas” de todolos presentes.
Os puntos da orde do día foron tratados e aprobados con sobrado apoio das presentes así como a modificación de estatutos explicada ampliamente polo avogado e Catedrático en Dereito D. Daniel Cuadrado Ramos.
A presentación das actividades realizadas no ano 2015 foi a evidencia de outro ano cheo de novas propostas e traballo en equipo para dar resposta as necesidades dos nosos usuarios e as súas familias. A presentación da revista “Ainda temos moito que andar” foi todo un éxito e estará a venta na nosa tenda Atalaia, Foto Verano e esperemos que pronto nas librerías que colaboran connosco.
“A directiva agradece o apoio de tódolas/os socias e socios que veñen confiando na nosa xestión sempre o servizo dos nosos fillos e familiares”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario