28 de maio de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA ACOLLEU A SESIÓN PLENARIA DA CÁMARA DE COMERCIO DE TUI   

O alcalde Antonio Lomba Baz e a 2ª Tte. de Alcalde, Montserrat Magallanes Álvarez, cos membros do comité executivo da Cámara de Comercio de Tui
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado mércores día 25 de maio o Concello da Guarda acolleu no seu Salón de Plenos a sesión plenaria da Cámara de Comercio de Tui.  

 O principal asunto obxecto de análise nesta reunión tivo á Guarda como centro de atención, por ser a poboación máis afectada pola vía de alta prestación (VAC) Tui-A Guarda. Falouse da polémica xurdida polo desvío de 3,6 millóns de euros de fondos comunitarios ao desdobramento do corredor do Morrazo, dando conta o Presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, da visita da Conselleira de Infraestrutura que anunciou a inminente información pública do enlace de Areas, o nó máis complexo do proxecto e acceso directo ao Polígono de Areas. 

O presidente da Cámara de Comercio informou o alcalde de A Guarda do proxecto de reforma da antiga aduana de Tui

 Ademais, entre os diferentes asuntos tratados co propio Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, foi informado da reforma do antigo edificio da Aduana de Tui que se converterá nunha futura sede cameral na que se habilitará un punto de información turística para a promoción dos recursos da Guarda, así como unha sala de exposición permanente de produtos de calidade da demarcación cameral.  

O Presidente da Cámara de Comercio de Tui expresou o seu agradecemento ó alcalde da Guarda pola boa acollida recibida 

 Tras finalizar a sesión, o Presidente da Cámara de Comercio de Tui expresou o seu agradecemento ó alcalde da Guarda pola boa acollida recibida e a dispoñibilidade do organismo para colaborar en futuras iniciativas conxuntas que beneficien os intereses económicos da Guarda en particular e do Baixo Miño no seu conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario