2 de abr. de 2016

O ROSAL

Máis de 60 veciños asistiron á asemblea informativa do BNG do Rosal sobre o "Catastrazo"   

"(...) Os propios veciños trasladaron o seu malestar pola falla de información dende o propio Concello e polos numerosos erros que se están a producir  coas súas propiedades (...)"


Infogauda / O Rosal

 Na tarde do pasado xoves tivo lugar, nos baixos do Concello do Rosal unha asemblea informativa a cargo dos concelleiros do BNG do Rosal, Ánxela Fernández e Carlos Villanueva na que se deu conta "dos danos económicos e trastornos que está a causar a regularización catastral que se está a levar a cabo no Rosal". 


 "Os propios veciños trasladaron o seu malestar pola falla de información dende o propio Concello e polos numerosos erros que se están a producir coas súas propiedades, téndose que enterar na propia asemblea a contía das tasas aplica o Concello do Rosal tanto nos bens urbanos coma rústicos", sinalaron os concelleiros nacionalistas.  

 Dende o BNG informaron que no vindeiro pleno que se vai celebrar este sábado ás 9:30 presentarán dúas mocións, "na que se pide a modificación da Lei Catastral e a reducción das tasas dos inmobles rústicos e urbanos que son das máis elevadas da Comarca".

Ningún comentario:

Publicar un comentario