ALBERTE A. PEREIRA FINALISTA NO LONDON PHOTO FESTIVAL - STREETPHOTOGRAFY COMPETITION 2016
Infogauda / A Guarda
Unha fotografía da autoría do guardés Alberte Alonso Pereira, realizada en Vila Nova de Cerveira, ven de ser seleccionada como finalista, entre outras 19 fotos máis de varios autores, no London Photo Festival Streetphotography Competition 2016.
"Se o final do 2015 obtiven un grato recoñecimento a estes anos de traballo, coa selección dunha das miñas fotos finalista no Miami Street Photography Festival, o inicio deste ano, coa selección doutra fotografía miña finalista do London Photo Festival - Street Photography Competition, dame pulos para seguir traballando con máis ganas se cabe", afirmou Alberte Alonso.
A fotografía seleccionada estará exposta durante tres meses -marzo, abril e maio- no Bridge Lounge & Dining Room, 186 Tooley Street, SE1 2 London, United Kingdom, xunto coas outras 19 seleccionadas.
O vindeiro luns día 29 de febreiro serán elixidas as tres gañadoras nun visionado privado no Bridge Lounge & Dining Room.
Ningún comentario:
Publicar un comentario