Concerto do grupo infantil "Uxía Lambona e a Banda Molona"
Domingo, día 28 de Febreiro as 17:30h, na sala Masterclub de Vigo (Rúa Urzáiz, nº 1 - Vigo)
Entradas 6€ (Ticketea), (Libraría Andel, Camelias 102), (Bar Basket, Doctor Cadaval 11)
Infogauda / Vigo
Este é un concerto infantil nunha sala de concertos tradicional. "Uxía Lambona e a Banda Molona" utiliza un novo formato infantil, escapando do formato clásico de espectáculos infantiles en butaca, de forma cos seus concertos son moi participativos, e trata así de achegar o formato concerto os nenos e as familias, e que podan compartir a experiencia de asistir a un concerto xuntos.
"Uxía Lambona e a Banda Molona"
A banda despois de publicar o seu primer CD/DVD, e o seu paso polo Xabarín Club da TVG, volve a Vigo, a súa cidade, despois de percorrer boa parte de Galicia.
Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Ghato “rockeiro”,…, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario