DEPORTES
FÚTBOL SALA SOLIDARIO
Venres día 5 de febreiro, ás 19:30 h., no pavillón novo de Tui
Asociación Asistencial "SOS TOMIÑO-BAIXO MIÑO"
O vindeiro venres, día 5 de febreiro, vaise celebrar un partido de fútbol sala solidario.
Este encontro, que enfronta aos equipos de Randufe Futsal e o do Burela P. Rubén, corresponde a Liga Nacional División de Honra Xuvenil.
O partido comezará ás 19:30 no Pavillón Novo de Tui. A entrada é de balde.
Farase unha recollida de alimentos na entrada. Todos os alimentos recollidos, serán destinado as familias que atende a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño. Os alimentos que máis precisa neste momento a Asociación son: leite, cacao e conservas vexetais.
Os organizadores, terán agasallos para os rapaces e os asistentes poderán saborear chocolate con rosca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario