29 de xan. de 2016

TUI

O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR E O CONCELLO DE TUI ANALIZAN AS NECESIDADES DA ESCOLA INFANTIL  

  O director-xerente do ente e o concelleiro Laureano Alonso estudaron tamén a posibilidade de que o antigo centro de saúde se converta nun centro de día 

O director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez - adereita da imaxe - e o concelleiro de Tui, Laureano Alonso


Infogauda / Tui

 O director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, analizou esta mañá, na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, co concelleiro de Tui, Laureano Alonso, os problemas de humidades que presenta a Escola Infantil do municipio.   

 Durante o encontro, Rodríguez informou ao concelleiro tudense que as humidades serán reparadas proximamente ao atoparse a obra en garantía. “Xa lle fixemos o requirimento oportuno a adxudicataria, aínda que se agardará ao momento máis adecuado para a súa execución, que seguramente será en primavera ou verano, cando os traballos se poidan levar a cabo en boas condicións meteorolóxicas”. Esta escola infantil conta con seis unidades e con 82 prazas.  

 Por outra banda, durante a reunión, tamén se analizou a posibilidade de que o edificio onde se atopa o actual centro de saúde se converta en centro de día, unha vez que abra as súas portas o novo ambulatorio da localidade. Ademais, o concello tamén quere trasladar para estas instalacións o centro de Alzheimer que na actualidade se atopa na Escola de Chans, en Randulfe.  

 A este respecto, o xerente do Consorcio asegurou que se dará traslado desta solicitude á Consellería de Política Social, de cara a que se poida estudar a viabilidade tanto técnica como económica desta proposta, “xa que estamos a falar duns servizos que requiren que os espazos cumpran cunha normativa moi concreta relativa, en especial, a adaptabilidade”. Ademais, tamén recordou Perfecto Rodríguez que o concello de Tui xa conta cun centro sociocomunitario no casco urbano do municipio que ofrece diversos servizos a Tercera Idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario