O PP celebrará o seu congreso provincial o vindeiro 13 de marzo en Pontevedra
• Poderanse presentar candidatos á Presidencia ata o 10 de febreiro.
• Máis de 800 compromisarios terán dereito a voto neste congreso.
Infogauda / Pontevedra
O PP celebrará o seu congreso provincial o vindeiro 13 de marzo na cidade de Pontevedra. Así se acordou na Xunta Directiva provincial celebrada esta tarde, na que tamén se pecharon outros detalles como o lugar de celebración do mesmo, o número de compromisarios e os integrantes do Comité Organizador do Congreso.
Neste XVII Congreso espérase a que participen máis de 1000 persoas, entre compromisarios e convidados. De feito, Rafael Louzán indicou que serán máis de 800 os compromisarios, entre electos, natos e de Novas Xeracións, aos que lle hai que sumar os convidados, de forma que se agarda reunir a un milleiro de persoas.
Luis Serantes presidirá o Comité Organizador
A Xunta Directiva nomeou tamén aos membros do Comité Organizador, que será o que se responsabilice de todos os detalles para garantir a correcta celebración do mesmo.
O secretario de Organización, Luis Serantes, será o presidente do Comité, que contará con Rocío de Sinde como secretaria.
Presentación candidatos
Desde o mesmo momento de convocatoria do congreso –esta tarde- e ata o vindeiro 10 de febreiro, os militantes que desexen optar á Presidencia do partido poderán presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada de 75 apoios, tal e como recollen os estatutos do partido.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de 7 días, desde o sábado 13 de febreiro ata o sábado 20, para os que se presenten poidan expoñer o seu programa para a nova etapa e buscar apoios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario