25 de xan. de 2016

PONTEVEDRA

Máis de 3.700 persoas participaron en 2015 no programa de termalismo social da Deputación 

A institución provincial está traballando na convocatoria deste ano, denominada Depoterm



Infogauda / Pontevedra

 Durante o ano 2015 participaron nos programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra máis de 3.760 persoas. Os programas, dirixidos a persoas maiores de 50 anos, incluíron estancias de día e tamén con pernoita en diversos establecementos termais da provincia.  

 Os programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra teñen como obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas mediante unha proposta  que combina o lecer e a saúde. Asemade, actúan como dinamizadores da economía ao impulsar o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade. 

 Durante o ano 2015 beneficiáronse dos diversos programas de termalismo da Deputación máis de 3.760 persoas, que puideron acceder a estancias de día ou con pernoita en balnearios, talasos e spas. Os usuarios e as usuarias, maiores de 50 anos, procedían de 38 concellos da provincia e respondían a diversos perfís sociais.  

 De cara á convocatoria do ano 2016 a Deputación está traballando nun novo programa denominado Depotermal, cuxa primeira edición pretende incidir nos seus sociais e contar coa participación activa dos diferentes concellos da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario