O concello do Rosal recibe un incentivo económico por diminuír e previr a sinistralidade laboral
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal acaba de recibir un incentivo económico por importe de 1.612,29 euros, con cargo ao Fondo de Continxencias Profesionais da Seguridade Social.
Tal achega faise ao amparo do Real Decreto 404/2010, do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.
Desde o executivo municipal do Concello do Rosal salientan que "o incentivo irá destinado a continuar nesa liña de mellora da seguridade e saúde dos traballadores do concello, implementando novos medios materiais de prevención e continuando coa concienciación dos empregados públicos neste ámbito".
Ningún comentario:
Publicar un comentario