O REMEIRO DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA (GALICIA), APOIA Á REIVINDICACIÓN DE UN PAVILLÓN DE DEPORTES
Ven de despregar unha pancarta en Budapest (Hungría), onde se atopa para participar no Campionato de Europa de Remo Ergómetro
O remeiro guardés Iván Alonso Alonso, coa pancarta que despregou onte á noite en Budapest (Hungría)
Foto: I.A.
Infogauda / A Guarda
O remeiro guardés Iván Alonso Alonso, que se atopa estes días en Budapest para participar no Campionato de Europa de Remo Ergómetro, ven de despregar na capital húngara, unha pancarta na que se pode ler: PAVILLÓN NA GUARDA XA.
A acción de Iván Alonso Alonso é, evidentemente, en apoio o movimento social que demanda unhas axeitadas instalacions deportivas no pobo de A Guarda.
A reivindicación de un pavillón polideportivo municipal, en condicions, no municipio de A Guarda, xa non ten volta atrás. É necesario tanto para dar cabida as competicions dos clubes - como A Guarda Hockey Liña, que agora mesmo non pode xogar no seu feudo - como para acoller, con normalidade, eventos de transcendencia deportiva, como por exemplo a Copa de la Reina, de Balonmán Feminino, que sería unha máis que merecida recompensa tanto para o club Mecalia Atlético Guardés, como para o sector servicios de A Guarda.
Canto máis se demoren as xestions para facer realidade, a medio prazo, a devandita reivindicación, pior nos irá a todos, deportistas, comerciantes, hostaleiros, e veciños en xeral, de A Guarda. Por iso, é necesario que entre todos - representantes municipais, en primeiro lugar, e cidadáns -, pulemos para facer ben patente que o municipio de A Guarda ben merece contar con un pavillón polideportivo que faga posíbel á práctica deportiva, sen ter que pasar por ningún tipo de incidencias, debidas ás absoletas e limitadas condicions das instalacions do pavillón de A Sangriña. Lograr un novo pavillón polideportivo municipal para A Guarda, é unha tarefa de todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario