28 de xan. de 2016

CULTURA

A Escola de Cantería fará unha escultura de Balbino, o protagonista de "Memorias dun neno labrego" 

Carmela Silva firmou co alcalde de Vigo un convenio para a realización e colocación da obra na cidade


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, co alcalde de Vigo, Abel Caballero


Infogauda / Vigo

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe co alcalde de Vigo, Abel Caballero, un convenio para a realización pola Escola de Cantería dunha escultura de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.  

 A obra escultórica situarase na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, na cidade de Vigo, e será desenvolvida pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, baseándose nun debuxo do protagonista de Memorias dun neno labrego feito polo propio autor.  

 En concreto, a escultura terá unhas dimensións de 1,40 metros de alto, 40 centímetros de ancho e 30 centímetros de fondo. Estará feita en granito silvestre, extraído dunha canteira próxima á casa do escritor, e terá un peso aproximado de 300 quilos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario