28 de xan. de 2016

GALICIA

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 

A Xunta destina 20M€ para mellorar os camiños de titularidade municipal que dan acceso a explotacións agrarias 

Salienta que o obxectivo é ampliar, mellorar ou manter os camiños rurais que facilitan o acceso, cando menos, a unha parcela dunha explotación agraria 

Precisa que o plan destinará aos concellos 20 millóns de euros, un 25% máis de orzamento que no ano 2015 

Explica que os criterios de distribución destes fondos foron consensuados cos concellos galegos a través da Fegamp, e que será a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a que execute estas axudas mediante subvencións aos municipios que se resolverán no mes de febreiro


O presidente da Xunta, na rolda de prensa do Consello 
Foto: Xoán Crespo

Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación no Consello do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, ao que a Xunta destinará 20 millóns euros. O seu obxectivo, dixo, é ampliar, mellorar ou manter os camiños rurais que facilitan o acceso, cando menos, a unha parcela dunha explotación agraria.  

 Segundo precisou, o plan destinará aos concellos 20 millóns de euros, o que supón un incremento do 25% con respecto ao orzamento de 2015 para este fin.  

 Feijóo explicou que os criterios de distribución destes fondos foron consensuados cos concellos galegos a través da Fegamp, e que será a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a que execute estas axudas mediante subvencións aos municipios que se resolverán no mes de febreiro.  

 O titular da Xunta sinalou que este plan supón continuar e ampliar os que xa se veñen aplicando desde o ano 2013. E, nesta liña, apuntou que axudará a mellorar as arterias do mundo rural; camiños, dixo, que cumpren unha dobre función: por unha banda, facilitar o acceso ás 30.000 entidades poboacionais nas que se asentan as vivendas do rural e, por outra, conectar os recursos económicos que saen desde as explotacións agrícolas e gandeiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario