27 de xan. de 2016

A GUARDA

"Que días coma hoxe nos fagan ser mellores persoas"... 


Infogauda / A Guarda

 Onte martes día 26 de xaneiro, todos os Centros Educativos da Guarda reuníronse nos xardíns do Centro Cultural Guardés, para conmemorar o Día da Paz (a data oficial é o día 30 de xaneiro).   

 Unha representación de 50 alumnos por cada Centro, cun total superior aos 400 participantes, realizaron a gravación dun “lip dub” (baile conxunto), para chamar a atención sobre o desexo de todos os alumnos do concello guardés de que o Mundo sexa un lugar sen conflitos armados. 

 Como colofón da xuntanza se realizou un pequeno discurso composto por frases elaboradas polos propios rapaces, e un baile final todos reunidos. As frases dos rapaces foron: “No hay caminos para la paz. La paz es el camino", “Soltar a túa arma, colle a súa man”, "The peace begins with a smile", "A  Educación é a ferramenta máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo", "No importa la raza, no importa el color, importan las personas", "El amor y la vida son la esperanza de todos los días", "A paz comeza cun sorriso por iso somos unha espiral de alegría", "Que días coma hoxe nos fagan ser mellores persoas",...  

 Os centros participantes na actividade foron:  Escola Infantil Municipal (Gardería Infantil),  Colexio San José (Carmelitas), CEIP Plurilingüe As Solanas,  CEIP Manuel Rodríguez Sinde,  IES Sangriña,  Colexio PP. Somascos,  EEI A Gándara,  CEIP Sangriña,  e a Asociación San Xerome Emiliani.

GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario