15 de xan. de 2016

A GUARDA

O PP da Guarda solicita ao Goberno local que resolva con urxencia as deficiencias da wifi municipal Navegaguarda 

O Partido Popular  traslada as queixas de numerosos veciños mediante unha moción

Conchi Ortega critica non só os problemas técnicos, tamén o recibimento que se lle dá aos veciños que se achegan ao Concello para avisar dos problemas cos que se atopan.  

Agradecen que se puxera en marcha este servizo, pero consideran que o ideal sería que funcionase, porque unha wifi que non che deixa acceder a internet, non vale absolutamente para nada.   


Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular na Corporación Municipal de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Para o seu debate na próxima sesión plenaria, o Grupo Municipal do Partido Popular de A Guarda ven de rexistrar unha moción , na que insta ao Goberno local a que resolva o máis pronto posible as deficiencias da wifi municipal Navegaguarda, un servizo que é fundamental nestes tempos e que todos os guardeses merecen e teñen dereito a usar.  

 A voceira do PP, Conchi Ortega Martínez, explica que  a instalación hai uns anos da rede wifi gratuita tivo unha gran acollida entre os veciños de A Guarda, certo é que a velocidade era baixa pero si suficiente para moverse pola rede a nivel usuario. Pero a ilusión durou pouco, -explica a concelleira popular-, posto que enseguida comezaron os problemas de saturación e as faltas continuadas de cobertura, que converteron a navegación pola rede nunha penuria, ao colgarse continuamente e quedar sen sinal”.  

 Nesta liña, a voceira afirmou que  o PP traslada desta maneira das numerosas queixas que os veciños lle están dando aos grupos da oposición, para ver se alguén os escoita xa que desde o Goberno local non se están dando solucións, e mesmo contestan ás queixas dos usuarios con respostas do tipo “neste momento non está o informático” ou “xa estamos traballando nelo”, aínda que o problema nunca se acaba de resolver, explica Ortega.  

 A voceira popular afirma que neste momento apareceron os problemas na zona da Guía, aínda que por desgraza, esta non é a única zona afectada xa que os problemas coa falla da wifi Navegaguarda existen  todas as zonas de A Guarda

 Conchi Ortega critica ademais que os problemas non só sexan técnicos, senón tamén do mal recibimento que se lle da aos veciños que se achegan directamente ao Concello para avisar dos problemas cos que se atopan, e coa única intención de que se a wifi se arranxe.  

 Desde o PP de A Guarda recordan que a propia lei ampara o dereito dos veciños a comunicarse por Internet a través deste servizo de balde, pero para garantilo consideran que o ideal sería que funcionase, porque unha wifi que non che deixa acceder a internet, non vale absolutamente para nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario