O Grupo Municipal do Partido Popular agradeceu o apoio dos outros grupos a súas mocións no pleno ordinario de xaneiro, aínda que lamenta que despois, moitos acordos, prioritarios para A Guarda, non se cumpran
"A proposta do Partido Popular acordouse modificar o regulamento do IBI para que poda haber bonificacións para familias numerosas e para empresas que creen emprego".
"Preguntamos polas xestións do Grupo de Goberno, ante a Xunta de Galicia para que o Camiño Portugués pola Costa, que no noso país, comeza na Pasaxe, sexa recoñecido como se merece".
Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Grupo municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal do Partido Popular, con cinco concelleiros na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de facer unha valoración da sesión plenaria ordinaria que tivo lugar onte día 20 de xaneiro, desde ás 20:00 horas, na que dín o seguinte:
"Onte, unha vez mais, no salón de plenos do Concello de A Guarda, deuse unha sesión maratoniana de mais de 6 horas para debater 18 mocións.
A nosa voceira Conchi Ortega Martínez, se amosa moi agradecida a os outros grupos polo apoio a mocións propostas polo Partido Popular.
A proposta do Partido Popular acordouse modificar o regulamento do IBI para que poda haber bonificacións para familias numerosas e para empresas que creen emprego.
Tamén se aprobou unha moción do noso grupo para que o sector (restaurantes, hoteis, comercio, Praza de Abastos,...) participe na planificación do turismo, o que debe ser o motor económico de A Guarda, para non deixala morrer.
Do mesmo xeito, o Partido Popular de A Guarda apoiou mocións de outros grupos que serán tamén moi beneficiosas para este pobo. A nosa voceira sempre manifestou que vai a estar cas propostas que melloren a vidas dos guardeses, veñan do cor que veñan.
O que lamenta o Grupo Municipal do Partido Popular, é que moitas de estas mocións, nas que traballamos tanto a oposición, o final queden nun caixón, pola incapacidade do Grupo de Goberno de levalas adiante. En todos os plenos recordamos algunhas das mocións que nós presentamos e non se cumpriron, tal é o caso da ordenanza para cobrar servizos do GES aos seguros, unha fonte de ingresos para o Concello, que estamos a perder todos os guardeses.
Se lle fixeron máis de 25 rogos e preguntas o Grupo de Goberno. Entre os rogos destacan varios arranxos urxentes para realizar en Camposancos, a necesidade de mellorar os parques intantís, as deficiencias no pavillón municipal,... Entre as preguntas, formulamos unha sobre porqué se perdeu unha subvención para asuntos sociais, na partida de axuda en domicilio.
Preguntamos polas xestións do Grupo de Goberno, ante a Xunta de Galicia para que o Camiño Portugués pola Costa, que no noso país, comeza na Pasaxe, sexa recoñecido como se merece.
Preguntamos pola necesidade de que o Alcalde sin apoio do pleno, se manifeste a favor de entrar nunha área metropolitana ampliada no futuro, pero da que non sabemos as regras de xogo, porque aínda non comezou a andar a área actual de 14 concellos.
Foron moitas máis as preguntas, e pouco satisfactorias as respostas para a nosa voceira".
Ningún comentario:
Publicar un comentario