TRIBUNA ABERTA
Algúns membros da Policía Local de Tui continúan reprimindo a preferentistas
Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño
A Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño non sae do seu asombro tras recibir recentemente outra sanción administrativa máis dirixida á afectada tudense Yolanda Viñas.
Lembremos que este movemento social foi sancionado por todo o País, como medida represora para amedrentalos e que se viran forzados a abandonar a rúa onde denunciaban que os aforros das galegas e galegos foron roubados e o Governo non facía nada por solucionarlo.
Na Comarca do Baixo Miño sumáronse case 50 sancións que foron recurridas perante o Contencioso Administrativo da que xa houbo resposta a favor dos afectados polas preferentes e subordinadas da Comarca sumando un total de case 20.000€ en multas.
Somentes no Concello de Tui, algúns axentes da Policía Local, impuxeron 10 sancións de 600€ cada unha, unha multa de 500€ e unha de 100€, das que xa houbo resposta do Xulgado do Contencioso Administrartivo de Pontevedra no que se demostrou que este axentes mentiron e ditas multas foron retiradas.
Por se non fose dabondo, un dos axentes que desenvolve un alto cargo na Comisaría da Policía Local tudense tamén arremeteu, persoalmente a dous preferentistas con graves problemas psiquiátricos, e ao portavoz da Plataforma desta Comarca mediante vía civil. Como non podía ser doutro xeito, unha vez maís a xustiza volveulle a dar a razón aos afectados sancionados.
Dando por feito xa que o pesadelo dos preferentistas rematara, despois do Nadal, neste mes de xaneiro, Yolanda Viñas, veciña de Tui, foi "agasallada" con outra multa de 300€ de parte da Policía Local de Tui.
Esta sanción fai refencia a uns comentarios publicados nun muro de Facebook o 7 de decembro de 2015 facendo referencia a un artigo de prensa: "QUEDE CLARO ANTES DE QUE ME MALINTERPRETEDES A MIÑA TOTAL REPULSA ANTE CALQUERA ACTO VANDÁLICO.
(ainda que haberà quen o defenda pq a nosa xuventude ten que divertirse.)
AGORA UNHAS PALABRIÑAS PARA A POLICÍA LOCAL:
Podedes botar a man as vosas partes e axitar enerxicamente coma fixo algun de vós diante dos nosos vellos...
Ou e que non sabiades xa si as tiñades na bragueta ou na gorxa?
Podedes collelos polo peito e mandalos pra corte como tamen fixestes cos avós...
Podedes poñerlle un xeonllo na cabeza contra o chan coma fixestes con Lois Baulo, un rapaz cunha gravísima discapacidade psíquica pero non violento que só pediu ir ó baño.
Ou podedes inchalos a multas, coma fixestes con nós.
Nós gañamos 44 xuízos aínda que fostes mentir ó xulgado... igual tiñamos razon, igual se nos debe unha desculpa. Tivestes medo?
Non eran xubilados estafados non? Detràs de nós xa viu quen bos nos fixo?
Ou precisades mais?"
Amparada polo artigo 20 da Constitucion española que dí:
1. Se reconocen y protegen los derechos:
a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.
b) A la producción y creación literaria, artística, científica y técnica.
c) A la libertad de cátedra.
d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.
2. El ejercicio de estos derechos no puede restringirse mediante ningún tipo de censura previa.
3. La ley regulará la organización y el control parlamentario de los medios de comunicación social dependientes del Estado o de cualquier ente público y garantizará el acceso a dichos medios de los grupos sociales y políticos significativos, respetando el pluralismo de la sociedad y de las diversas lenguas de España.
4. Estas libertades tienen su límite en el respeto a los derechos reconocidos en este Título, en los preceptos de las leyes que lo desarrollen y, especialmente, en el derecho al honor, a la intimidad, a la propia imagen y a la protección de la juventud y de la infancia.
5. Sólo podrá acordarse el secuestro de publicaciones, grabaciones y otros medios de información en virtud de resolución judicial.
Yolanda Viñas redactou unha serie de feitos ocorridos durante o periplo loitando coa plataforma de afectados polas preferentes no Baixo Miño. E pedíu unha disculpa pública.
Ante estes feitos, axentes da Policía Local de Tui, corpo que ten denunciado públicamente a súa sobrecarga laboral, amparados polo Subdelegado do Governo, deciden revisar comentarios lexítimos en redes socias dos preferentistas para continuar coa represión. Como cabe esperar, a Plataforma vai inciar os trámites xudiciais e políticos para paralizar dunha vez esta situación surrealista que xa raia a estupidez.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario