Os aparcadoiros do Hospital Álvaro Cunqueiro reducen tarifas é convértense, segundo o SERGAS, nos máis baratos de entre os aparcadoiros municipais de Vigo
A primeira media hora é gratis, e o custe por hora queda fixado nun euro As tarifas máximas diarias son de 8 euros o subterráneo e de 10 euros o de urxencias
Os aparcadoiros municipais chegan a custar ata 2,27 euros/hora e 25,30 euros/día Se consolidan ademais 180 prazas de estacionamento libre no exterior
Infogauda / Vigo
O Servizo Galego de Saúde vén de acordar coa UTE concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro que os dous aparcadoiros, tanto o subterráneo como o de urxencias, reduzan os seus prezos a partires de hoxe martes 1 de decembro, de tal xeito que a primeira media hora de aparcamento é gratis, a segunda media hora custa 0,9 euros, e o resto de horas teñen un custe dun euro por hora.
Ademais, os prezos máximos por día quedan tamén limitados a 8 euros no caso do aparcadoiro subterráneo, e de 10 euros no caso do aparcadoiro de urxencias, o que supoñen as tarifas máis baixas comparadas coas de calquera aparcadoiro municipal da cidade de Vigo, tanto no prezo por hora -que chegan a custar ata 2,27 euros- coma no prezo máximo por día -que nalgún caso acada os 25,30 euros-.
Deste xeito, se mellora notablemente a accesibilidade de pacientes, profesionais e visitas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Precisamente nesta liña de mellora, e ante a escasa oferta actual de espazos alternativos onde estacionar os vehículos nos arredores -non urbanizados- do centro sanitario, se consolida tamén a dispoñibilidade de 180 prazas no exterior totalmente gratuítas, situadas na balsa onde estaban anteriormente os taxis.
Novos prezos aparcadoiro HAC
| |
Primeira media hora nos dous aparcadoiros
|
Gratis
|
Segunda media hora nos dous aparcadoiros
|
0,9 euros
|
Resto de horas
|
1 euro
|
Máximo por día no aparcadoiro subterráneo
|
8 euros
|
Máximo por día no aparcadoiro de urxencias
|
10 euros
|
Bono para profesionais (subvencionado polo Sergas)
|
30 euros
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario