Galicia recorda a Eduardo Blanco Amor no 36º aniversario do seu pasamento
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá no acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor
Infogauda / Ourense
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu na mañá deste martes día 1 de decembro, o acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor. Promovida polo Centro PEN Galicia, a homenaxe celebrouse ao pé da campa onde está soterrado o autor d'A esmorga no cemiterio ourensán de San Francisco, e rematou cunha ofrenda floral.
O Concello de Ourense, a Deputación de Ourense, veciños da cidade, e alumnado do IES Blanco Amor, entre outros, participaron no acto conmemorativo.
A xornada de homenaxe completouse pola tarde ás 20:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor ao escritor Xavier Queipo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario